Translate

luns, 2 de xuño de 2014

Compositores...as súas vidas...

Ludwing Van Beethoven

Wolfgang Amadeus Mozart

Antonio Vivaldi

http://www.youtube.com/watch?v=x-IRQ3Xp78g

Piotr Ilych Tchaikovsky


Estamos chegando ao final

Como xa todos sabedes, pouco nos queda de curso, o que significa que antes tócanos fincar os cóbados e estudar moito para así ter un magnífico verán...

O que vos vai entrar nos exames xa está apuntado na clase, pero por si acaso, tédelo tamén aquí nas lapelas de cada curso.

Recordade que neste blogue podedes atopar moitas cousas que vos sirvan para repasar ditos contidos, e igualmente, ireivos engadindo máis, así como subirvos aquí algunhas das fotocopias que vos facilitei para estudar.

Estade tranquilos, repasade e xa veredes como non é moi difícil, xa que case todo xa está máis que traballado nas avaliación anteriores.

Moito ánimo, e se vedes que tedes algunha dificultade antes do exame, podédesme atopar na aula de música todos os recreos, xa que durante ese tempo, nestes días estaremos repasando os contidos.


luns, 21 de abril de 2014

Letras galegas...


Co motivo da "Semana das Letras Galegas"  estudaremos o Himno galego cantado en todos os cursos e os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto tocarano na frauta.

 O Himno Galego foi escrito por Eduardo Pondal e musicalizado por Pascual Veiga.

+ información

Para facilitar dita actividade déixovos a continuación enlaces para poder practicar:
O seguinte vídeo e para poder tocar o himno coa frauta. A partitura non e exactamente igual que a que eu vos din na clase, pero se a decidides tocar por esta non hai problema. Tamén vai rápida, pero non vos preocupedes e tocádea ao ritmo que poidades.
Aquí ademais engade unha parte final que eu non vos din xa que engade notas que aínda non estudamos, polo cal non hai que estudala. Espero que vos sexa de axuda!!!



martes, 8 de abril de 2014

Grupos, solistas...rock..."Estilos de música"

Como xa sabedes, e como comentamos estes días, esta terceira avaliación vamos indagar un pouco nos diferentes estilos de música .... E para mostra un botón...
Aquí vos deixo os grupos e solistas que vimos na clase de música e outros que non nos deu tempo.

Podería poñer moitísimos cantantes e grupos mais, polo que espero os vosos comentarios para organizar a próxima clase en base os grupos que vos queirades escoitar.

E recordade: GOZAR DA MÚSICA E ESTAR SEMPRE DISPOSTOS A ESCOITAR E COÑECER COUSAS NOVAS, XA QUE PODE SER QUE NOS GUSTEN!

AC/DC
AC/DC Thunderstruck 

EUROPE
EUROPE The Final Countdown  

EUROPE Carrie 

BRUCE SPRINGSTEEN
BRUCE SPRINGSTEEN Born in the U.S.A.

BRUCE SPRINGSTEEN Waitin' on a Sunny Day

LOS RONALDOS 
LOS RONALDOS No puedo vivir sin ti 

MECANO
MECANO "Hoy No Me Puedo Levantar"

MECANO "Maquíllate"

JOAQUÍN SABINA
JOAQUÍN SABINA "Princesa"

JOAQUÍN SABINA " La del pirata cojo"

QUEEN
QUEEN We Will Rock You

QUEEN I want to break free

THE BEATLES
THE BEATLES "Help"

SINIESTRO TOTAL
SINIESTRO TOTAL "Miña terra galega"

HEREDEIROS DA CRUS
HEREDEIROS DA CRUS "Non che teño medo"
 Foto do grupo

ABBA
ABBA Dancing Queen
ABBA "Mamma Mia"

BONEY M
BONEY M "Rivers of Babylon"
BONEY M "Daddy cool "

JON BON JOVI
JON BON JOVI "It's My Life "

THE ROLLING STONES
THE ROLLING STONES "Satisfaction"
THE ROLLING STONES "Start Me Up"










sábado, 15 de marzo de 2014

Audicións

Compositores e obras...

Estos son os compositores e obras que entran para o exame...

. Las cuatro estaciones: “Primavera: movimiento I”. Antonio Vivaldi

Suite nº 3: Aria. Johann Sebastian Bach

El barbero de Sevilla: Obertura (fragmento) .Gioacchino Rossini

Sinfonía de los juguetes: Allegro Leopold Mozart

Sinfonía nº 40: Movimiento I (fragmento) Wolfgang Amadeus Mozart

Sinfonía nº 5: Movimiento I (fragmento) Ludwig Van Beethoven

El Cascanueces: Trepak Piotr Ilyich Chaikovski

Danza húngara nº 5 Johannes Brahms

El Danubio Azul Johann Strauss, junior
Sinfonía nº 9 “Del Nuevo Mundo”: movimiento IV Antonin Dvorak